Galería

Recompilación de imaxes do proceso de transformación urbana e social na zona vella de Vigo. Se queres facer algunha achega, envía as túas fotos a xentrificacionvigo@gmail.com e participa na exposición colectiva de foto denuncia contra a especulación e xentrificación.




Abandono+especulación+expulsión+revalorización=xentrificación

Fachada marítima do Berbés.

A zona vella de Vigo estivo durante anos abandonada por parte das institucións e propietarios cuxo resultado foi a degradación das vivendas, das infraestruturas e do tecido social do barrio. Isto foi parello dunha baixada do valor das vivendas no mercado, que favoreceu a entrada de capital privado no momento en que as institucións consideraron pertinente apostar de novo pola rehabilitación do barrio co fins comerciais e turísticos.

Edificio de nova construción. Rúa Elduayen.

A inversión de promotoras privadas está en aumento no barrio. Debidos aos intentos do Consorcio Casco Vello de reformular o barrio en crave comercial, os investidores privados aproveitan este aumento do capital simbólico para especular e obter maior plusvalía coas súas operacións.

Edificio en construción. Porta do Sol.

Un dos principais problemas destes procesos de rehabilitación é a revalorización das vivendas no barrio. Na foto obsérvase a construción de pisos de luxo nun espazo tan central como é a Porta do Sol.

Barrio do Cura.

Os procesos especulativos a gran escala nos centros das cidades son de gran interese por parte das promotoras polo alto valor que pode posuír ese terreo, debido precisamente a centralidade do espazo urbano en transformación. O Barrio do Cura é un bo exemplo deste proceso, onde gran parte da riqueza patrimonial e inmaterial desaparecerá pola construción de edificios de 9 andares, que racharán completamente coa fisionomía da zona vella, á vez que non resolverá o problema de acceso a vivenda de gran parte da poboación.

Centro Galego de Fotografía. Rúa Eduardo Chao.

Debido a construción da cidade marca co obxectivo de dinamizar o barrio, son moitas as infraestruturas orientadas ao sector servizos, á administración, ao comercio e ao turismo. Os gastos destas infraestruturas superan con moita aos escasos 450.000 euros destinados a Axudas de Emerxencia Social por parte do Concello ou co inexistente plan de atención social a pé de rúa por parte dunha equipa de traballadorxs sociais.

Escaleiras mecánicas. Porta do Sol.

Un dos pasos deste proceso de transformación é o de reformular o barrio a través de infraestruturas que axuden a mellorar a imaxe deste. Neste caso, a fotografía corresponde ás escaleiras mecánicas da Porta do Sol, as cales non responden a un plan planificado de mobilidade para o barrio. O seu principal obxectivo e intentar dinamizar o novo comercio e guiar aos turistas polo barrio da Ferrería.
Presión policial. Praza da Princesa.

Nestes últimos anos tivo lugar un aumento da vixilancia e presión policial a certos colectivos do barrio, cuxa presenza é “incomoda” para a comercialización e a nova posta en valor do barrio. Na praza da Princesa é habitual as identificacións e multas a diferentes colectivos que pasan alí o día, máis cando arriban transatlánticos a cidade.

Antiga sede de Sereos. Rúa Elduayen.

O proceso de xentrificación deu lugar a expulsión de colectivos molestos para o “novo” barrio que dende as institucións estan a proxectar. Entre eles destacan as prostitutas da Ferrería, os xitanos, os senteito, os drogodependentes e persoas cun alugueiro de renda antiga. Na foto aparece o antigo local do programa Sereos de atención a senteito e drogodependentes, cuxo peche está relacionado directamente polo lavado de imaxe do barrio.


Rúa Abelaira Menéndez. A Ferrería.

Os plan de rehabilitación “social” do Consorcio Casco Vello trae consigo unha tematización do espazo urbano co fin de potenciar o capital simbólico do mesmo. Para isto favorecen un tipo de comercio moi especializado e dirixido a un grupo poboacional determinado. Un exemplo é a Ferrería, onde deturpouse o topónimo usado tradicionalmente polo novo de Barrio Alto, nomeándoo ademais como o “barrio das artes” ou o “barrio hipster” de Vigo.
Transformación urbana na Ferrería

Abandono + especulación

Abandono + especulación
Vista da Ferrería dende o castelo de S. Sebastián