Contacto

Xentrificación Vigo é un colectivo aberto e autónomo que intenta dar unha visión crítica e social, así como estabelecer unha oposición e resistencia, ao proceso de transformación urbana e social que está tendo lugar na zona vella de Vigo. Entendemos que este cambio se debe a procesos e políticas especulativas nun intento de terciarizar e turistificar a economía do centro da cidade a favor de intereses económicos, obviando calquera intervención de índole social e integración da veciñanza. Polo tanto, estas políticas de "rehabilitación" non atenden as necesidades sociais  dun amplo abano da poboación, a cal verase na obrigada de se desprazar a outras zonas e barrios da cidade que non supoñan un atractivo especulativo, comercial e turístico como acontece na zona vella.

Polo tanto, se tedes algunha suxestión, idea, crítica ou queredes participar dalgún xeito cunha achega, non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do enderezo electrónico xentrificacionvigo@gmail.com ou a través da conta do facebook xentrificación Vigo.